Skip to Content
 

 

   

 

 

ABAU 2024

 

 

     Trámites a facer logo de rematar 2º de Bacharelato: 

  • Pago das taxas para a expedición do Título de Bacharelato.

MOI IMPORTANTE: a data de pago debe ser sempre posterior á data de avaliación final. Recoméndase facer o pago o día 16 de maio (só o alumnado que supere todas as materias)

 

1.- Modelo de autoliquidación: Pódese confeccionar online seguindo esta ligazón. (ver importe a pagar).

      1. Prema en modelo A1: Autoliquidación de taxas.
      2. Iniciar taxa.
      3. Prema no cadeado aberto e siga os pasos.
      4. Pode realizar o pago online ou descargar o modelo para o pago presencial nunha entidade bancaria. Pódese tamén retirar o impreso no centro e ir pagar ao banco. Ver aquí cómo cubrilo 
      5. En calquera dos casos, debe presentar o xustificante de aboamento de taxas no centro, polo que é imprescindible que, no caso  de optar polo pago online, se descarguen os resgardos para a administración e o interesado  e non só o xustificante de pago.

2.- Fotocopia de DNI.

3.- Fotocopia do título de familia numerosa (de ser o caso)

 

  • Prematrícula nas ABAU.

Data: 20 de maio no horario que segue:

2º A de 08:30  a 10:00          2º B de 10:00 a 12:00

2º C de 12:00 a 13:00          2º D de 13:00 a 14:30

2º E de 15:30 a 16:30          2º F e G de 17:00 a 19:00

 

 

Documentación a presentar:

 

                    1. Fotocopia do DNI.
                    2. Xustificante de ter solicitado o título.
                    3. Impreso de prematrícula ABAU
                    4. Impreso de taxas ABAU

 

a.-Imprimindo o modelo por triplicado. Aboando o que corresponda na entidade bancaria e presentando no centro os xustificantes de pago.

¿Cómo aboar as taxas?

b.- A través da aplicación nerta.* ver instrucións aquí.

¿Qué é Nerta? É a aplicación na que realizar os trámites relacionados coa ABAU. Instrucións Nerta 2024

 

Para facer o pago online a través de Nerta debe pasarse antes polo centro para que se inclúa ao alumno/a na aplicación (Non se pode facer o pago online sen estar dada/o de alta).

 

 

 

 

Atención ás reducións de pago nas taxas:

     Os membros de Familias Numerosas (1a - 2a Categoría Xeral e de Honra – Especial) deberán achegar, no momento da matrícula, fotocopia

cotexada do título de Familia Numerosa.

     O persoal das universidades do SUG (os seus fillos, cónxuxe ou persoa de análoga relación) beneficiarios de matrícula gratuíta, deberán

acreditar a súa vinculación á universidade mediante certificación dos respectivos Servizos de Persoal e, no seu caso, ademais por medio da

fotocopia do título de Familia.

     A condición de persoa con discapacidade(≥ 33%), de vítima de acto terrorista ou de vítimas de violencia de xénero acreditarase coa

correspondente resolución administrativa pola que se recoñecese a condición correspondente que deberá presentarse, necesariamente, no

 prazo de matrícula fixado, para que teña eficacia.

 

 

  • Documentación informativa:

Convocatoria Ordinaria das ABAU

Horario das ABAU

Información CIUG

Ponderacións 2023-24

 

 

Exames finais de 2º de Bacharelato 2023-24

Publicado o calendario final de exames de 2º de Bacharelato.

Ver aquí

Calendario final de 2º de Bacharelato.

  • Último día de clase: mércores, 8 de maio.
  • Exames da convocatoria ordinaria: xoves 9, venres 10, luns 13 e martes 14 de maio.
  • Avaliación final e entrega de notas: 15 de maio,  publicación en  Abalar ás 22:00 horas. Entrega dos boletíns o 20 de maio, ás 11:20 horas, nas aulas de referencia.
  • Día non lectivo: 16 de maio.
  • Atención ao alumnado: 20 de maio de 10:30 a 14:15 horas.
  • Reclamacións ante o centro: 20 e 21 de maio (ata as 14:15 horas en secretaría)
  •  Resolución das posibles reclamacións e comunicación á persoa interesada: mércores, día 22 de maio ás 13:30 horas.
  • Reclamacións ante a Xefatura Territorial: Xoves, 23 e venres,24 de maio (ata as 14:15 horas en secretaría)
  • Prematrícula nas ABAU: 20 de maio en horario a determinar para cada grupo. (Haberá unha reunión informativa co alumnado o martes, 14 de maio)
  • Preparación das ABAU e da avaliación extraordinaria: do xoves 23 de maio ata o 3 de xuño (ABAU). Do martes 23 ao venres 7 xuño (avaliación extraordinaria)
  • Reunión previa co alumnado matriculado nas ABAU: luns 3 de xuño ás 11:30 horas.
  • Acto de graduación: Venres, 24 de maio, ás 19:00 horas.
  • ABAU: 4, 5 e 6 de xuño (martes, mércores e xoves)

Premios extraordinarios de Bacharelato.

 

 

Con data de hoxe ábrese o prazo para a inscripción nos premios extraordinarios de bacharelato.

Prazo de presentación: do 29 de abril ao 28 de maio.

Acceso á folla resumo aquí.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

 

Becas comedor para o ano académico 2024-25

 

 

Aberto o prazo para solicitar a beca comedor do concello da Coruña para o vindeiro ano académico 2024-25. O prazo de presentación vai do 17 de abril ao 8 de maio, ambos incluídos.

Información sobre a convocatoria aquí.

Pódese consultar tamén por sede electrónica, ou no número de información cidadá 010

 

Importante, NON SE PRECISA APORTAR A CERTIFICACIÓN DE MATRÍCULA.

Listaxes de admitidos.

No taboleiro do centro, e a través da aplicación admisionalumnado (con certificado dixital ou chave 365) están publicadas as listaxes de admisión para o vindeiro ano académico 2024-25.

Proceso de admisión de alumnado. Baremación.

AVISO

 

Ábrese o prazo de presentación de documentación xustificativa dos criterios alegados (certificación de padrón municipal, monoparentalidades...) para as solicitudes correspondentes aos cursos 2º e 4º de E.S.O.

 

No resto dos cursos non se precisa baremación.

Novo éxito na Olimpíada de Física, outro ano máis!

 

O alumno de 2º de bacharelato do noso instituto Santiago García García, foi seleccionado para representar a Galicia na Olimpíada Española de Física deste ano 2024, despois de celebrarse a fase autonómica organizada polas Universidades galegas o pasado venres 15 de marzo, na que Santiago conseguiu un fenomenal segundo posto pola Universidade de A Coruña.

Becas MEC 2024-25

Con data 19 de marzo abrirase o prazo para solicitar as becas MEC.

 

Na ligazón que seguen teñen acceso á información xeral    ---> Becas 2024 - 25

Distribuir contido


by Dr. Radut